MENUDO TRABALLIÑO PARA UNHA FOTO!!

Pode parecer que algo tan sinxelo como facer a foto de fin de curso non leva máis de 10 minutos  ,colócaste, disparan e listo. Pois non foi tan fácil en absoluto. O veres 8 viñamos todos elegantes para a ocasión pero as fotos non saíron ben e avisaron que había que repetilas.
O martes 12 non a puidemos facer porque a profe non veu ata a hora do recreo e Tania non estaba. 
O mércores 13 Tania seguía sen estar e a foto había que sacala xa. Para o patio nos fomos coa tablet da profe, en busca da foto famosa. Unhas por un motivo e outras por outro, non había maneira de atopar unha axeitada. Ao final escollemos esta e coa aplicación "CutPaste" engadimos a Tania, para estar todos. Non é perfecta pero supón un bonito recordo.
Nunca unha foto de orla deu tanto traballiño nin foi tan divertida!!