PROXECTO EDUCACIÓN VIAL

Os SUPERHEROES de   4º A   empezaron o 2º trimestre enfrontándose a un reto apaixonante: concienciar á poboación de Mondariz da importancia de ser condutores e peóns responsables, coñecer e respectar as normas de circulación   e ser coidadosos co noso medio ambiente  no tocante ao ruído, á  emisión  de gases e ao feito de  non tirar lixo circulando cos nosos vehículos.  
Para lograr o seu obxectivo realizarán un proxecto de EDUCACIÓN VIAL, que durará ata o remate do curso e incluirá diferentes actividades:

  • GRAVAMOS UN INFORMATIVO

  • SAÍMOS NA PRENSA O día 5 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o periódico "La Voz de Galicia" publicou unha reportaxe sobre o noso proxecto.

VER FOTOS E VÍDEOS