A nosa CAIXA "PASAPALABRA" xa ten 9 tarxetas de vocabulario relacionadas co Universo e o Sistema Solar. Irémola completando ao longo do curso ata chegar como mínimo a 100 ou 150. Están escritas a man, en galego, sobre tiras de cartolina de cores.
A nosa profe di que é un xeito de repasar os temas de ciencias, gañar vocabulario, mellorar a letra, a ortografía e a antención. Ademais dos momentos de diversión que nos darán cando as usemos para xogar entre nós ou como unha das probas do noso concurso por equipos.
Xa veremos se ten ou non razón!!