FORMACIÓN GRUPOS DE TRABALLO

Despois da experiencia do curso pasado non temos dúbida de que queremos seguir traballando  en equipo, porque aprender resulta máis divertido e motivador e porque nos encanta o concurso por equipos que  organiza a profe .
Formar os 4 equipos deste curso foi moi fácil porque xa temos experiencia e xa nos coñecemos moi  ben os uns aos outros. Fixémolo entre todos de mutuo acordo , usando a lóxica e o sentido común.
Logo cada equipo repartiu as distintas funcións, estableceu normas e levantou a acta de constitución. Cada un  ten o seu caderno para consultar en caso de dúbida, ao que lle irá engadindo notas ao longo do curso, a medida que vaian  valorando o seu  traballo, vendo cales son as fortalezas e as debilidades ou se necesitan  engadir ou modificar normas de funcionamento.