PREGUNTA A UNHA AVOA

 O xoves 6 de outubro foi unha mañá moi especial en 4º A. A avoa de Lía e a avoa de Alex  viñeron á nosa clase e durante unha hora larga contestaron a todas as preguntas que lles fixemos. Previamente, traballando en equipo, pensamos unha lista de preguntas e organizamos as quendas para poder realizar a actividade dun xeito organizado.
Contáronnos moitísimas cousas de cando eran nenas, sobre a escola, os xogos, os medios de transporte, como eran as casas, como se vestían, os traballos no campo...
Gustounos moito charlar con elas. 
                 VER TODAS AS FOTOS