O grupo ARTE NOSTRUM está a organizar, xunto co concello de Mondariz unha serie de obradoiros para nenos e nenas baixo o lema"FEBREIRO POÉTICO EN MONDARIZ".O obxectivo é fomentar a creatividade e espertar o interese dos máis pequenos polas diferentes áreas culturais: poesía, música, historia, arte...
Pediron a colaboración do alumnado e do profesorado do colexio para unha destas actividades, consistente en decorar con frases, lemas ou poemas a contorna dun paxariño.Con todos os paxariños recollidos farán unha montaxe que exporán na Sala de Exposicións Arte Nostrum.
De xeito voluntario, algúns alumnos e alumnas de 4º A participaron cos seus paxariños, que decoraron con lemas pola Paz.