Preocupada porque non pomos acentos, a profe mandounos facer un esquema coas regras de acentuación. Usamos os portátiles abalar e o procesador de texto. Así, ademais de aprender sobre os acentos, tamén aprendemos a editar, cambiar o tamaño ou a cor das letras, traballar con autoformas...
Incluso aprendemos a exportar un documento como PDF e mandalo como adxunto nun correo electrónico.Non foi unha actividade fácil, custounos moito; pero foi moi completa e quedounos así de chula.