A PRENSA COMO RECURSO EDUCATIVO

Resultado de imagen de periódico
A  profe anotounos ao programa "Prensa Escuela" da Voz de Galicia. O mércores 8 de novembro por fin chegaron os primeiros periódicos.
Cada mércores terémolos na aula para traballar con eles  e facer todo tipo de actividades:
  • Ler e comentar noticias
  • Aprender vocabulario novo
  • Traballar a comprensión lectora
  • Repasar aspectos gramaticais
  • Repasar as horas coa programación da tele
  • Interpretar síbolos meteorolóxicos
  • Resumir noticias coas nosas propias palabras
  • Manualidades