A profe colleu a súa táblet e nun periquete converteunos en castañas.
Escribiu unha estrofa para cada un , demostrando que xa nos coñece moi ben aínda que levamos pouco de curso, e traballando en equipo púxonos a rimar para inventar outras dúas por compañeiro/a. Non foi nada fácil porque son de 3 versos e a nós o que nos saían eran pareados.
Ao final collémoslle o truco e ata lle inventamos unhas estrofiñas a ela , que nos fixo ilusión que tamén estivera no mural das CASTAÑAS DE 4ºA