A nosa profe está a facer un curso de formación e como "deberes" mandáronlle crear un vídeo educativo. Elixiu o tema da saúde porque era o que estabamos dando en ciencias nese momento e pediulle a súa colaboración aos alumnos/as de valores sociais e cívicos. Manuela e Diego puxeron a voz e Lucas D. e Pablo D. encargáronse do soporte técnico ( supervisar a gravación dos audios, renomealos e subilos a Drive para que a profe os puidera descargar).
Resultou un vídeo moi simpático , que nos gustou moito a todos/as cando no lo mostrou, tanto que lle fixemos prometer que faría outro onde participara toda a clase.