En Boborás traballa agora a profe María Nogueira, mestra no noso cole durante varios cursos. Como todos/as gardamos moi bo recordo dela e resulta que tamén é titora dun grupo de 5º, a nosa profe propúxonos escribirlle para saudala e para coñecer mellor aos seus alumnos/as. Entre todos redactamos unha primeira carta e preparamos o sobre coa dirección. Tamén incluímos unha foto de grupo, cos nosos nomes, para que nos foran coñecendo.
Aceptaron a nosa proposta e levamos todo o curso intercambiando cartas e información. A maioría en formato papel e outras a través de Google Drive.
É posible que para fin e curso nos coñezamos en persoa, xa que están pensando vir ata Mondariz a facernos unha visita.

ESTAMOS MOI EMOCIONAD@S!!