Para aprender sobre o clima e a paisaxe levamos a cabo as seguintes actividades :
- Informarnos sobre o tema cos enlaces e recursos que nos deixou a profe no blog
- Repasar cos cuestionarios de Drive
- Xogar e practicar con Kahoot
- Tarxetas de vocabulario para a nosa caixa "pasapalabra"
- Elaboración de instrumentos de medida( viraventos, pluviómetro e anemómetro)
- Situamos en mapas os principais montes de España e Galicia
- Escribimos e ilustramos refráns sobre o clima
- Montamos unha exposición con todos os traballos
- Gravamos un radio-trivial