OS COGOMELOS DE 5° A

O martes 26 de febreiro, xunto con outros cursos do centro, participamos nun taller de cultivo de cogomelos usando estrato de palla e borra de café.
Pero isto foi só o principio do que pode ser unha moi interesante experiencia. Agora toca esperar e ver que pasa. 
Este é o caderno de campo da nosa aventura:
  • 26-2-19: Facemos o cultivo, colocamos as bolsas na aula e tapámolas para que non lles dea a luz.

  
  • 7-3-19: Levantamos a tea para ver como anda o noso cultivo. Colocamos papel negro debaixo de cada bolsa, para poder observar como botan esporas. Ao tocar as bolsas notamos que xa están máis duras.
  • 8-3-19:Invitados/as pola profe de bioloxía tivemos ocasión de observar ao microscopio mostras de esporas que recolleron os alumos de 1º da ESO. Foi moi interesante. 
  • 14-3-19: Volvemos a destapalas e comprobamos que están máis brancas e duras e xa empezaron a aparecer as esporas.
  • 21-3-19 : Xa empezaron a brotar os que cultivamos en estrato de palla, que destapamos para que lles dea a luz. Os que están en borra de café inda non están listos e volvemos a tapalos unha semana máis.
  • 25 - 3 - 19 :Recollemos a nosa primeira colleita. Non deu para moito, pero todos/as levamos a proba para a casa.
 
  • 26 - 3 - 19: Alex e Marina envíannos  fotos das súas receitas " Fideos con cogomelos" e "Revolto de cogomelos". Teñen pinta de estar deliciosos!!
 
  • 27- 3-19 : Metemos as bolsas en auga un ratiño para que se humedezan ben e volvemos a tapalas,  esperando que xerminen de novo.
  • 28 - 3- 19 :Miguel e Cristian  achegan as súas receitas , " cogomelos con allo e xamón"
  • 1-4-19 : Recollemos outros poucos dunha das bolsas con estrato de palla. Fixemos dúas bolsiñas para regalar.
 
  • 12-4-19:Ao levantar a tea comprobamos que unha das bolsas de borra de café está brotando e dúas das de estrato de palla vannos  dar unha segunda colleita. Regamos ben e volvemos a tapar. Á volta das vacacións de Semana Santa seguro que xa serven para comer!!
  • 23 -4- 19 : Acabamos de volver das vacacións de Semana Santa, os nosos cogomelos estiveron tapados 10 días, coa clase pechada e as persianas baixadas. Estaban algo secos, pero con moitos brotes. Regamos ben e destapámolos.
  • 30 - 4- 19: Última colleita e remate do noso proxecto. Hoxe fixemos dúas bolsiñas máis para regalar e recollemos todo. As bolsas xa estaban  moi secas, levámolas para o horto e usarémolas como abono.