LETRAS GALEGAS 2019



Clica para diminuír

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas levamos a cabo as seguintes actividades :
  • Informámonos e aprendemos sobre Antón Fraguas a través das actividades propostas polo Seminario Galán.
  • Participamos na caza do tesouro sobre Antón Fraguas que organizou o EDLG. Mediante a lectura de código QR atopamos a resposta ás 12 preguntas que se propuxeron sobre o autor. Ademais de entregalas para o concurso, resumímolas nun documento de Google Drive.
  • Por iniciativa das profes de música , Rosana e Raquel, organizouse  no patio central do cole unha batucada. Dende 3 anos ata 4º da ESO, todo o alumnado do centro participou na actividade. Os tambores estaban feitos polos propios alumnos e alumnas, con todo tipo de produtos de refugallo. Estes son os nosos.