Á nosa profe pareceulle unha estupenda idea o Taller de igualdade e sexualidade que lle propuxo o Departamento de Asuntos Sociais do Concello de Mondariz.
Durante 4 sesión de traballo, repartidas ao longo do mes de maio, tivemos a sorte de ter na aula á escritora María Dolores Ruíz Gestoso. Da súa man aprendemos sobre a importancia de respectar aos demais, aínda que teñan outra raza, diferente relixión ou unha inclinación sexual distinta do habitual.
Vimos distintas animacións e vídeos, que nos ensinaron que o amor non ten etiquetas e vai máis aló da raza, da idade ou da cultura a que se pertence.
Tras analizar os contos clásicos e ver como sempre se repiten os mesmos patróns ( familias con pai, nai e fillos, amor entre un príncipe e unha princesa, mulleres guapas pero débiles que sempre son rescatadas por un home...) CREAMOS OS NOSOS PROPIOS CONTOS E PUXEMOS O MUNDO DO REVÉS