Cada 17 de outubro conmemórase o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza e en 6º quixemos aproveitar para facer unha reflexión sobre o afortunados que somos e pensar entre todos como podemos axudar a mitigar a triste situación de miles e miles de persoas.
- Visionado dun vídeo que nos fixo darnos conta de que temos que valorar máis o que temos.
- Cuestionario para comprobar se somos afortunados
- Investigamos e recopilamos datos sobre a pobreza, especialmente a infantil.
- Montamos un mural para compartir a nosa preocupación e inquedanza con toda a comunidade educativa.
- Elaboramos un informativo contando a nosa experiencia e as conclusións ás que chegamos