MESTURAS CON AUGA

En ciencias da natureza estivemos estudando a materia e as súas propiedades e aprendemos sobre as mesturas. Empatando co proxecto do cole sobre a auga transformamos a aula nun improvisado laboratorio e organizamos un sinxelo experimento: Mesturamos auga con 20 substancias distintas para ver se o resultado era unha mestura homoxénea ou heteroxénea. 
  • Organizámonos para traer todo o material necesario e os vasos para facer as mesturas
  •  Segundo iamos engadindo substancias facíamos hipótesis sobre o tipo de mestura que resultaría. Algunhas eran previsibles, outras sorprendéronnos.
  • Colocamos todos os vasos nunha mesa e deixamos que repousaran media hora larga.
  • Observamos e recollemos  os datos nunha táboa               VER FOTOS
                                            
  •        Ao día seguinte observamos que  algunhas mesturas homoxéneas se volveran heteroxéneas como foi o caso do actimel . Tamén que o azucre se disolveu por completo e a mestura quedou homoxénea.