Desde comezos de curso a auga foi un tema moi presente na nosa aula , xa que intentamos relacionala con todos os temas que imos dando, especialmente os de ciencias e tamén os de valores.
O resultado foron varios traballos, tanto en formato papel como en formato dixital.
A nosa profe propúxonos facer unha caza do tesouro con toda esta información. Explicounos en que consistiría e pareceunos unha idea moi interesante e divetida.Tamén nos avisou que suporía moito traballo organizala , e non nos mentía:
- Traballando en equipo, revisamos os traballos feitos e creamos unha lista con 20 preguntas e as súas respostas
- Entre todos pensamos como organizar o xogo: data, tempo que duraría, grupos aos que invitaríamos... e recollemos todas as ideas nun documento
- Organizámonos para crear os códigos coa aplicación QRdroid usando a tablet da aula e as da profe.
- Fixemos un plano das zonas do cole onde acordamos colocar os códigos e marcamos onde irían, para telos localizados.
- Preparamos un guión para presentar os nosos traballos ao resto dos cursos, antes da caza do tesouro. Usamos como apoio visual unha montaxe con fotos dos distintos traballos.
- Deseñamos , usando a aplicación Piktochart, invitacións para os cursos participantes.
- Pedimos prestadas as tablets das aulas participantes, asegurámonos de que tiveran batería suficiente e descargamos a aplicación necesaria para ler os códigos
- O mércores 27 , despois de que remataron as clases, colocamos os códigos e asegurámonos que estaba todo listo para o gran día
- O xoves 28 reunímos aos nenos e nenas de 2º, 3º, 4º e 5º para exporlles os nosos traballos e explicarlles en que consistiría o xogo.
- Organizamos tres quendas para facer a caza do tesouro. A cada curso démoslle unha planilla para anotar preguntas e respostas, e as 5 tablets para ler os códigos
- Organizámonos para supervisar a actividade e axudar con calquera dúbida.
- O venres 29 entregamos a cada clase un código QR coas solucións , e escribímoslles tamén unhas palabras de agradecemento pola súa participación e polo ben que se portaron.
- Revisamos as respostas e recollemos os resultados nunha táboa de Excel.