A profe anotounos ao concurso escolar que organiza a Once para promover a inclusión nos colexios. Nesta 36ª edición había que deseñar unha bandeira.Traballando cos ordenadores da biblioteca e usando a ferramenta de debuxo de Google Drive elaboramos 5 bandeiras distintas coas que quixemos transmitir a idea de que os recreos son para disfrutar todos xuntos, sen diferencias, aceptándonos e aceptando aos demais tal e como son.
Como só se pode participar cun traballo por aula, organizamos unha votación para escoller a bandeira que nos pareceu máis adecuada.
Resultou unha actividade moi interesante e creativa , incluso nos van a dar un agasallo pola nosa participación: unha pulseira pola inclusión.