Por iniciativa do concello de Salvaterra, dentro do Plan de Igualdade, participamos a través de videoconferencia no taller "EDUCANDO AS EMOCIÓNS"
Durante 3 sesións de traballo, na biblioteca do centro, aprendemos a identificar as nosas emocións, ser empáticos/as cos nosos compañeiros e compañeiras, técnicas para dominar o enfado e a rabia ; e a importancia de coñecernos e valorarnos a nós mesmos/as.