Durante varias sesións de traballo na biblioteca, e traballando tamén dende as casas, elaboramos varios trivial de preguntas e respostas, usando como fonte de consulta o libro de ciencias sociais.
Finalmente organizamos un concurso no que cada grupo lle lanzaba aos outro "goles". Para paralos había que atopar a resposta no libro, en menos dun minuto!!
Aprendemos como localizar rápido a información guiándonos polo índice, tamén sobre os romanos, a prehistoria, as capas da Terra, o relevo....FOI MOI DIVERTIDO!!