No Etroido acordamos simular ser accidentados que ían a urxencias. Inventamos un nome para un suposto hospital en Leirado. Tres de nós eran médicos, dous voluntarios de Protección Civil e o resto pacientes. Entre todos elaboramos unha lista de posibles accidentes habituais no noso día e acordamos quen representaría cada un deles.
Creamos un logo para o hospital e outro para os voluntarios. Igualmente, cada paciente levaba unha tarxeta identificativa, co nome, o motivo da urxencia, o doutor que lle correspondía...E os doutores unha co seu nome
O venres 12, cando se celebrou o Entroido no cole, a profe fixo unha sesión de fotos, simulando unha mañá moi axetreada en urxencias do "Hospital Universitario de Leirado".
Finalmente organizamos con todo este material unha campaña de prevención de accidentes. Cada equipo recolleu unha chuvia de ideas e , tras unha posta en común, fomos dándolle forma ao guión. Buscamos momentos para gravar os audios, propuxemos ideas e axudamos á profe coa montaxe da animación resultante: