ROBÓTICA MÉDICA

Despois de que en ciencias da natureza aprendemos sobre as máquinas, a tecnoloxía e a súa utilidade no noso día a día, investigamos sobre a relación entre a robótica e  medicina. 
Traballando en equipo na biblioteca do centro, durante diferentes sesións de traballo, fomos pouco a pouco investigando e recollendo a información nun documento de Google Drive.
Tamén deseñamos e creamos un "robot médico" usando cartolinas e  material plástico diverso; ao que finalmente lle inventamos unha identidade, un nome e unha utilidade relacionada coa medicina e a saúde.
     

Rematamos a actividade montando un mural expositivo no corredor do centro, con imaxes e información dos principais robots que se están usando actualmente no campo da medicina e a saúde.