A través deste tema de ciencias sociais aprendemos sobre coordenadas xeográficas, tipos de mapas, a escala, lonxitude, latitude, paralelos, meridianos...
Traballando en equipo fomos transformando a información nunha lista de preguntas e respostas, coas que finalmente creamos un TRIVIAL e organizamos unha "goleada" entre os equipos, lanzándonos preguntas uns aos outros para repasar o aprendido.