SOMOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Un curso máis colaboramos como  axudantes na  biblioteca, este ano con máis responsabilidade e traballo dado que somos os maiores do cole e xa coñecemos a fondo o seu funcionamento.

SEMANA DA BIBLIOTECA

Editamos o vídeo que elaboraron os axudantes de 5º, onde explican a organización e o funcionamento da biblioteca. 
Colaboramos na organización dunha  actividade para facer cos escornabots e seguir así aprendendo sobre a organización e o uso deste espazo do cole.


  HOMENAXE A AURORA
Axudamos a organizar unha homenaxe á profe Aurora, que durante moito anos foi a coordinadora da biblioteca do centro. Dende hoxe a nosa biblioteca  chamarase "Biblioteca Aurora Ramilo"