DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este curso relacionamos o día Internacional das Persoas con Discapacidade e o proxecto do colexio. Cada curso investigou sobre persoas discapacitadas famosas dos países aos que viaxará. En 6º atopamos diversos exemplos de superación pesoal en México, Canadá e Estados Unidos. 
Traballando en equipo investigamos e recollemos os datos en documentos de texto, que posteriormente enlazamos nun Padlet colaborativo creado polo equipo da biblioteca. 
Tamén elaboramos un cartel e expuxemos os nosos traballos no corredor.