O día 24 de xaneiro celebrouse o cuarto Día Internacional da Educación baixo o lema "Cambiar o rumbo, transformar a educación". Cada curso investigou sobre a situación da educación nos diferentes continentes e países polos que estamos viaxando e recolleu a información en táboas, documentos e gráficas. O alumnado de 6º encargouse de reunir todos os datos e reflectilos nunha presentación interactiva elaborada con Genially.