Nela tamén incluimos unha versión musicada dun dos
poemas de Rosalía de Castro, que preparamos co profe de música ; e o recitado dun poema de Florencio Delgado adicado á
bandeira galega.
Ao ser os maiores do colexio fomos os encargados de decorar o prato conmemorativo adicado ao autor.
Para rematar, participamos co resto de compañeiros e compañeiras, profesores e profesoras no festival das Letras Galegas, que celebramos o xoves 19 de maio no patio traseiro do centro.