ECORIZ E RECICAR VAN DE VACACIÓNS


ECORIZ foi un proxecto de educación medioambiental que levaron a cabo no curso 16/17 os nenos e nenas que están agora en 6º. A principios do curso pasado recollémolo no Concello, onde o deixaran exposto todo o verán, e gardámolo nun despacho.
RECICAR é o nome  do proxecto de educación vial que fixemos  o curso pasado. Estaba aínda exposto na entrada do colexio cando empezaron as clases. 
Tanto un coma o outro necesitaban un merecido descanso e algunhas reparacións. Recicar perdeu as rodas e algunhas pezas e o pobre Ecoriz mantense en pé de milagro. 
Entre todos levámolos para unha das vivendas que hai no patio do cole. Alí permanecerán tranquilos ata despois do Nadal, cando os arranxaremos e os relanzaremos de novo para que segan na súa loita polo medio ambiente e o civismo.