XOVES, 4 DE OUTUBRO DE 2018
Con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores o pasado 1 de outubro, a asistenta social do Centro de Día de Mondariz propúxonos realizar unha actividade cos maiores. Encántanos facerlles unha visitiña de cando en cando e aceptamos de bo grado. Nesta ocasión fixémoslles unha entrevista para coñecer datos sobre a vida nos seus tempos mozos. Organizados en 8 grupos os nenos e nenas de 5º A e B compartimos unha hora moi iteresante cos maiores que , aproveitando que estaba unha mañá estupenda, estaban sentados nos bancos do parque que está diante do concello.
Recollemos moita información sobre a súa infancia, a vida naquela época, o traballo, os medios de comunicación...
Agora, como bos investigadores que somos, poremos en común todos os datos e elaboraremos un informe.