Antes de irnos de vacacións de Nadal fixemos balance do primeiro trimestre e acordamos coa profe algúns aspectos organizativos para o segundo:
- Proclamamos ao equipo verde como gañador do noso concurso por equipos e acordamos o premio que levarían os seus compoñentes.
- Novo reparto de grupos, que decidimos entre todos tras longo debate.
- Acordamos unha lista de actividades/deberes voluntarias para as vacacións e fixamos como data de entrega e exposición o 8 de xaneiro.
- Revisamos a lista de tarefas que cada un ten asignada e fixamos algúns cambios.
- Anotamos xa no calendario de xaneiro varios exames.
- Negociamos coa profe o tipo de deberes que fariamos durante o sengundo trimestre.
- Decimos cal sería o tema do noso traballo para o segundo trimestre en relación co proxecto da auga.