DEBERES VOLUNTARIOS NADAL

Para as vacacións de Nadal acordamos coa profe unha lista de posibles tarefas voluntarias. O día 8 de xaneiro, xa de volta no cole, cada un expuxo os seus traballos ao resto de compañeiros/as. Algúns están en formato físico(murais, maquetas, diarios...) e outros en formato dixital ( artigos, traballos de investigación, historias...).Acordamos entre todos/as moedas e positivos en ClassDojo como recompensa ao esforzo, a implicación , a creatividade e o traballo na casa.Todos/as fixemos algunha cousiña e ata hai quen traballou un montón.