ACTIVIDADES PAZ

Resultado de imagen de paz gif animado
Estas son as actividades que realizamos en relación coa Paz:
  • Visionamos vídeos, escoitamos cancións e falamos sobre a Paz
  • Pensamos actitudes, valores e accións que axudarían  a lograr un mundo mellor e elaboramos unha nube de palabras usando a ferramenta de debuxo de Google Drive
  • "La Paz está en tus manos" :Transformamos a árbore de Nadal que adornaba a porta da aula nunha árbore pola paz.Completamos o mural coa imaxe de 5 premios Nobel da Paz( Dalai Lama, Madre Teresa de Calcuta, Nelson Mandela, Martin Luter King, Rigoberta Menchú e Malala Yousafzai)  xunto cunha frase dita por eles .
  • "Sopas pola paz" Esta foi unha actividade proposta polo equipo da biblioteca e nela participou todo o colexio. O luns 27 despois do recreo reunímonos todos na biblioteca onde 4 voluntarios (entre eles Cris e Raúl) nos leron o conto "A mellor sopa do mundo" de Susanna Isern. Partindo da lectura, cada clase inventou e escribiu unha receita pola paz. O xoves 30, despois do recreo,  colocáronse todas nun mural na entrada do colexio, despois de que cada clase lera a súa. En 6º traballamos primeiro en equipo, para pensar posibles ingredientes e como preparalos. Logo fixemos unha posta en común e refundimos todo nunha única receita :"Sopa para mellorar o mundo".
  • Desexos de Paz: Esta actividade tamé foi organizada para facer todo o cole. Cada alumno/a e profesor/a tiña 3 cintas de distintas cores, nas que había que escribir 3 desexos para lograr un mundo mellor. En sexto pensamos cada un os seus e fixemos unha posta en  común, recollendo os 48 desexos nunha táboa. Logo escribímolos nas cintas, coas que se formou un arco da vella na entrada do centro.
  • La historia de los Premios Nobel. Completamos a información que nos achegou Martín para elaborar un documento sobre a historia dos Premios Nobel e coñecer a súa procedencia