Eliximos este poema de Manuel María coa intención de participar con no VI CONCURSO “GALICIA, AUGA, LITERATURA E RAP”. Ao final optamos por non concursar porque descubrimos que a nosa creatividade non colle nun vídeo de só 1 minuto de duración. En troques fixemos unha sesión de fotos e vídeos do máis divertida, recitamos o poema, adaptámolo para convertelo nun rap a varias voces, escollemos unha base musical que nos pareceu adecuada e colaboramos coa profe na elaboración da animación , usando a aplicación Vyond.
Ademais Carlos, Xabi e Xurxo foron a ver un muiño aínda en funcionamento , achegaron varias fotos e vídeos e faláronnos da súa experiencia.