KAHOOT PROJECT

Resultado de imagen de kahoot
"KAHOOT PROJECT" é un proxecto que levaremos a cabo ao longo do segundo trimestre xunto cos nenos e nenas de 4º de primaria. Ademais da nosa profe tamén colaboran o titor de 4º (Rubén) e o profesor de inglés (Rafa).
Kahoot é unha aplicación coa que tanto en 4º coma en 6º  estamos familiarizados porque a usamos con frecuencia na aula para repasar mates, lingua ou ciencias.
A idea é repartirnos en oito grupos de traballo e crear , usando os ordenadores da biblioteca,  cuestionarios  relacionados con distintos temas:
    •  Inglés
    •  Ciencias sociais 
    •  Ciencias da natureza
    •  Ortografía e gramática lingua galega
    •  Ortografía e gramática lingua castelá
    • Do castelán ao galego
    •  Repaso xeral de mates 
    • A auga ( dado que é o tema do proxecto do centro para este curso)
E unha vez creados os oito Kahoots  virá a parte máis divertida do proxecto... XOGAR! . Organizaremos un campeonato para ver que equipo logra gañar máis Kahoots.
  • 14-01-20: Arranca o proxecto. Reunímonos todos la aula de inglés ,  formamos os grupos de traballo, repartimos os temas, acordamos como organizarnos e comezamos a elaborar os borradores dos  cuestionarios 
  • 20-01-20:Segunda sesión de traballo, continuamos coa elaboración dos borradores.

  • 31-01-20:Terceira sesión na biblioteca, traballando cos ordenadores.Empezamos a crear os nosos Kahoots! 

  • 06-02-20:Nesta cuarta sesión seguimos coa elaboración dos nosos Kahoots, que xa están case terminados.
  • 13/02/20 : Os nosos Kahoot xa está case rematados, falta revisar e completar algunhas preguntas



VER CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS
VER TODAS AS FOTOS