Á volta das vacacións de Nadal , durante o 2º trimestre e parte do 3º, embarcámonos nunha aventura do máis interesante: unha viaxe virtual á Antártida.
- Todo comezou cunha proposta que nos fixo a nosa profe e nós aceptamos de bo grado.
- Antes de nada cada equipo trazou o seu plan, para organizar o traballo e aunar forzas.
- Mergullámonos na web á procura de información. Para ir recollendo os datos que atopamos a profe creou un documento de Drive para cada equipo. Buscar información, clasificala, revisala, traducila ao galego...supuxo varias sesións de traballo na biblioteca do centro.
De cando en vez toca pararse a reflexionar sobre o labor que estamos a realizar, como nos organizamos, que estamos facendo ben e que debemos mellorar para lograr o noso obxectivo.
De momento o proxecto estanos gustando moito porque, ademais de descubrir datos realmente interesantes, resulta moi motivador traballar na biblioteca , cos ordenadores, con Internet...
- Cando a profe nos propuxo elaborar unha páxina web para recoller toda a información que tiñamos sobre a Antátida, pensamos que sería algo difícil e complicado. Nada máis lonxe da realidade, xa que coa ferramenta Google Sites calquera pode facelo. Entre todos/as decidimos o deseño e as subpáxinas do noso espazo web,así como as imaxes que as ilustran. Agora cada equipo terá que ir metendo a información de que dispón, rellenando así os distintos apartados. A todos nos marabillou o fácil que resulta, e o resultado parécenos espectacular: VIAXE Á ANTÁRTIDA
- Para dar a coñecer a todo o cole o resultado das nosas pesquisas dun xeito máis visual, montamos un mural na entrada da aula. Usamos recortes de prensa sobre a Antártida, imaxes, fotos e información. Tamén as maquetas que algúns compeiros achegaron.
- Por último, sorteando moitos "icebers" debido á alerta sanitaria causada polo Covid-19, rematamos o proxecto traballando desde a casa. A seguinte animación é o produto final dunha viaxe que durou algo máis do previsto pero que ao fin levamos a bo termo.
Ademais de aprender moito sobre o continente xeado e de concienciarnos un pouquiño máis sobre a importancia de respectar e coidar o medio ambiente, comprobamos de primeira man que coa suma de moitos poucos pódese lograr un todo moi grande.
Xa só falta presentar o noso traballo ao concurso escolar no que estamos anotados, para aportar o noso grauciño de area e alzar a voz en defensa do planeta.